Cita previa

A Axencia Tributaria habilitou un servizo de cita previa para atender aos contribuíntes que desexen acudir a algunha das súas oficinas para recibir información, asistencia, resolver requirimentos, pedir certificados ou calquera outra xestión.

Non será necesaria a solicitude de cita previa unicamente para:

  • presentación de documentos no Rexistro e entrega de declaracións
  • solicitude de Número de Identificación Fiscal para persoas físicas. Se é para Persoa Xurídica pida cita co NIF da persoa que vaia solicitalo.
  • recollida de notificacións / Subscrición servizo de avisos
  • obtención de cartas de pagamento
Procedemento
Axudas
Ficha
Trámites