Calendario, data e hora oficial

  • O artigo 30.7 da Lei 39/2015, da 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sinala que a Administración Xeral do Estado, con suxeición ao calendario laboral oficial, fixará, no seu respectivo ámbito, o calendario de días inhábiles para os efectos de cómputos de prazos. O artigo 31.2 indica que o rexistro electrónico de cada Administración ou Organismo se rexerá para os efectos de cómputo dos prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar de modo accesible e visible.

    O artigo 15 do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica sinala que a sincronización da data e hora se realizará co Real Instituto e Observatorio da Armada.

    En cumprimento destas disposicións ofrécese a data e hora oficial da Sede electrónica da Axencia Tributaria.

     

     
  • Calendario de días inhábiles