Declaración de conformidade co Esquema Nacional de Interoperabilidade

  • De acordo coa Disposición transitoria primeira sobre Adecuación de Sistemas e Servizos, do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade, que establece un período de adaptación ata a completa conformidade no mes de xaneiro de 2014, a Axencia Tributaria redactou o Plan de Adecuación ao Esquema Nacional de Interoperabilidade da Axencia Estatal da Administración Tributaria para impulsar a plena aplicación do esixido no Esquema Nacional de Interoperabilidade.