Declaración de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade

  • De acordo co artigo 41 do Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade, a Axencia Tributaria comunica que os sistemas de información que conforman esta Sede Electrónica foron analizados seguindo os criterios establecidos no devandito Real decreto.

    Como consecuencia deste diagnóstico aprobouse o 16 de febreiro de 2011 o Plan de Adecuación dos Sistemas de Información da Axencia Tributaria ao Esquema Nacional de Seguridade que establece un período de adaptación ata a completa conformidade no mes de xaneiro de 2014.

    Para lograr este obxectivo o 17 de novembro de 2011, aprobouse o Plan de Mellora da Seguridade que desenvolve os proxectos básicos que permiten a devandita adecuación.

    Non obstante o anterior, a Axencia Tributaria sempre estivo comprometida coa seguridade da información e adoptou as medidas suficientes para unha correcta protección dos datos e sistemas que conforman a súa Sede Electrónica.