Validación do certificado de sede

  • Segundo establece o artigo 6.1 d) do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro de 2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, toda sede electrónica dispoñerá dun sistema de verificación dos certificados da sede, que estará accesible de forma directa e gratuíta.

    Poderá verificar a validez do certificado da Sede Electrónica da Axencia Tributaria, de maneira directa e gratuíta, a través da plataforma VALIDE.

    Os certificados de sede teñen a utilidade de garantir que as relacións dos cidadáns teñen lugar a través dunha canle segura e unha oficina pública recoñecida, que non permiten a intrusión malintencionada de terceiros.

     
  • Información sobre certificados de sede
  • Validar certificado de sede electrónica
  • Certificado de Sede electrónica