Servizos Dispoñibles

  • Horario: De luns a venres, de 9 a 19 horas (ata as 15 horas en agosto).

    Neste servizo telefónico préstase información e axuda para:

    • Pagamento telefónico de débedas en período executivo (só para persoas físicas).
    • Cumprimentación do requirimento de datos sobre a conta bancaria de domiciliación de aprazamento ou fraccionamento de pagamento de débedas.
    • Modificación da conta de domiciliación bancaria de aprazamento ou fraccionamento de pagamento.
    • Cando o importe total das débedas sexa inferior a 150.000 euros:
      • Información sobre a orixe, concepto e notificación das débedas apremadas.
      • Solicitude de aprazamento/fraccionamento de pagamento de débedas en vía executiva.
      • Solicitude de compensación de débedas en vía executiva con créditos tributarios.
      • Información sobre o documento de inicio de actuacións de embargo.
      • Información sobre notificación de dilixencias de embargo de contas correntes, soldos, salarios e pensións, créditos, vehículos e devolucións.