Accesibilidade

  • Política de accesibilidade

    En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal, a Axencia Tributaria traballa para garantir que todos os cidadáns –con especial atención ás persoas con algún tipo de discapacidade e maiores–, que se relacionan con ela a través de Internet poidan acceder á información e os servizos electrónicos en igualdade de condicións con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos. É dicir, que poidan navegar sen encontrar dificultades de acceso polo sitio web composto polo Portal (dominios: “www.agenciatributaria.es”, “www.aeat.es”, “www1.aeat.es”, “www2.aeat.es”, “www3.aeat.es”, “www4.aeat.es”, “www5.aeat.es” e “aeat.es”) e a Sede electrónica (dominios: “www.agenciatributaria.gob.es”, “www1.agenciatributaria.gob.es”, “www2.agenciatributaria.gob.es”, “www4.agenciatributaria.gob.es”, “www5.agenciatributaria.gob.es”, “www6.agenciatributaria.gob.es”, “www7.agenciatributaria.gob.es”, “www9.agenciatributaria.gob.es” (en diante denominados conxuntamente polo termo “web da AEAT”).

     
  • Estándares e normativa

    A política de accesibilidade aplicada pola Axencia Tributaria está en liña coas esixencias do Real decreto 1.494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

    As páxinas da web da AEAT cumpren na actualidade co Nivel AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e, por conseguinte, dos requisitos de conformidade do W3C (AA da norma WCAG 2.0). Para iso lévase a cabo unha revisión diaria do contido web novo ou modificado. Mediante unha avaliación externa a última revisión de accesibilidade realizada foi en outubro de 2017.

     
  • Características de visualización

    A web da AEAT está optimizada para unha resolución de 1.024 x 768. Se se dispón dun monitor cunha resolución maior, pode que o tamaño de letra resulte nalgúns casos pequeno. Non obstante, os tamaños das fontes definíronse de forma que sexa posible ampliar ou diminuír o seu tamaño dende as opcións do navegador.

    Esta web foi probado e está optimizado para os navegadores compatibles con HTML5 e nas versións soportadas polos seus fabricantes. A utilización de navegadores diferentes ou de versións non soportadas xa polos seus propios fabricantes podería dar lugar a acceso e visualización da web da AEAT, pero non garante unha total e adecuada visualización ou dispoñibilidade de documentos ou doutras funcionalidades. Poden descargarse actualizacións ou navegadores nas web dos provedores deste tipo de programas.

    Ademais, para o correcto funcionamento desta web é necesario que o seu navegador teña habilitado o uso de javascript e o uso de cookies (ver apartado "Aviso legal").

     
  • Compromiso coa accesibilidade

    A pesar do esforzo realizado pola Axencia Tributaria, dada a enorme cantidade de documentos finais (PDF…) publicados neste sitio web, resultou imposible a súa adaptación completa ás pautas de accesibilidade esixibles. Se vostede encontrase unha páxina ou documento que non cumprise co establecido, ou ao que non puidese acceder correctamente, ou ben desexase formular calquera queixa, consulta ou suxestión, por favor, fáganolo saber mediante o envío do seguinte formulario cuberto:

     
  • Formulario de suxestións sobre a páxina web da Axencia Tributaria
  • Convenio asinado co CERMI e a Fundación ONCE