Aviso Legal

  • A Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante “Axencia Tributaria") é titular do sitio web composto polo Portal (dominios: “www.agenciatributaria.es”, “www.aeat.es”, “www1.aeat.es”, “www2.aeat.es”, “www3.aeat.es”, “www4.aeat.es”, “www5.aeat.es” e “aeat.es”) e a Sede electrónica (dominios: “www.agenciatributaria.gob.es”, “www1.agenciatributaria.gob.es”, “www2.agenciatributaria.gob.es”, “www4.agenciatributaria.gob.es”, “www5.agenciatributaria.gob.es”, “www6.agenciatributaria.gob.es”, “www7.agenciatributaria.gob.es”, “www9.agenciatributaria.gob.es” (en diante denominados conxuntamente polo termo “web da AEAT”).

    O uso da información contida nestes dominios implica a aceptación das seguintes condicións xerais de uso detalladas neste aviso legal, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos contidos ou servizos do sitio web.

     
  • Utilización da información contida na web da AEAT

    O acceso á web da AEAT, e o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. A Axencia Tributaria non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

    A información dispoñible na web da AEAT, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

    • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
    • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
    • O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización, cando estea dispoñible, dos documentos obxecto da reutilización.

    Para máis información sobre reutilización na Axencia Tributaria pinche aquí

     
  • Calidade da información

    A Axencia Tributaria desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e, de ser o caso, reparalos ou actualizalos o antes posíbel; así mesmo, non poderá garantir a súa inexistencia nin que o contido da información se atope permanentemente actualizado. En todo caso, os textos que se ofrecen no Portal teñen carácter simplemente informativo, é dicir, carecen de validez xurídica. Para fins xurídicos, deberán consultarse os textos publicados nos boletíns e nos diarios oficiais.

    Na Sede electrónica a Axencia Tributaria garantirá, segundo establece a normativa aplicable, a integridade, veracidade e actualización das informacións e servizos que se faciliten.

    A Axencia Tributaria resérvase o dereito a realizar cambios no seu Portal e Sede Electrónica sen previo aviso, co fin de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar o seu deseño, co obxectivo de mellorar o servizo ofrecido a través de Internet.

     
  • Dispoñibilidade da información

    A Axencia Tributaria non pode garantir plenamente o funcionamento da rede de comunicacións e, polo tanto, non asume ningunha responsabilidade sobre a dispoñibilidade do seu servidor. O servidor poderá ser desconectado sen aviso previo. Faranse todos os esforzos para que o impacto por tarefas de mantemento sexa o mínimo posible, avisando con anterioridade das interrupcións de servizo na Sede electrónica.

    A Axencia Tributaria non se responsabiliza de ningún dano ou prexuízo sufridos polo usuario que se deriven do acceso a este servidor ou do uso de información ou aplicacións que se conteñen nel.

     
  • Navegadores, cookies e Javascript

    Por razóns de seguridade, a Axencia Tributaria só garante o correcto funcionamento da web con navegadores compatibles con HTML5 e as versións destes que estean soportadas polos seus fabricantes en cada momento.

    A utilización de navegadores diferentes ou de versións non soportadas xa polos seus propios fabricantes podería dar lugar a acceso e visualización do contido do portal, pero non garante unha total e adecuada visualización ou dispoñibilidade de documentos ou doutras funcionalidades. Poden descargarse actualizacións ou navegadores nas web dos provedores deste tipo de programas.

    Ademais, para o correcto funcionamento desta web é necesario que o seu navegador teña habilitado o uso de javascript e de cookies (véxase máis detalle sobre as cookies no apartado “Política de privacidade”).

     
  • Estabelecementos de hiperenlaces

    A) Hiperenlaces do Portal e/ou Sede a outras páxinas web

    Na web da AEAT incluíronse ligazóns a páxinas de sitios Web de terceiros ("links"), a maior parte a páxinas de Internet doutras Administracións Públicas, que se consideraron de interese para os usuarios. Non obstante, a Axencia Tributaria non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos das ligazóns de terceiros aos que se fai referencia nesta web.

    B) Hiperenlaces desde outras páxinas web ao Portal e/ou Sede

    Os usuarios que se propoñan estabelecer un hiperenlace entre a súa páxina web e a da Axencia Tributaria deberán ter en conta o seguinte:

    1. O estabelecemento do hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Axencia Tributaria e o propietario da páxina web na que se estabeleza, nin a aceptación e aprobación por parte da Axencia Tributaria dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que a Axencia Tributaria autorizou expresamente o hiperenlace nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web desde a que se estabelece o hiperenlace.
    2. A Axencia Tributaria non se responsabiliza en ningún modo nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o estabelecemento do hiperenlace poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web do hiperenlace.
    3. A páxina web na que se estableza o hiperenlace non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Axencia Tributaria, excepto aqueles signos que formen parte deste hiperenlace.
    4. A páxina web na que se estabeleza o hiperenlace non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.
     
  • Cesión de manuais, programas de axuda e publicacións informativas incluidos na web da AEAT.

    A Axencia Tributaria autoriza a descarga gratuíta dos manuais, impresos, programas de axuda e publicacións informativas que se inclúen na súa web para os efectos da súa reprodución e distribución, salvo que se indique o contrario de forma expresa na propia web.

    O cesionario queda autorizado a realizar ao seu cargo as reproducións dos manuais, impresos, programas de axuda e publicacións incluídos na web da AEAT que estime convenientes, quedando expresamente prohibida calquera alteración ou manipulación destas.

    As reproducións dos manuais prácticos e das publicacións informativas efectuadas polos cesionarios non poderán incluír ningún tipo de publicidade, aínda que poderán estampar nas devanditas reproducións o seu anagrama e a súa denominación empresarial. Necesariamente deberá constar o seguinte texto “Manual práctico cedido gratuitamente pola Axencia Tributaria” ou “Publicación informativa cedida gratuitamente pola Axencia Tributaria”.

    O soporte en que os cesionarios realicen as reproducións dos programas de axuda deberá estar protexido contra escritura. A presentación externa deberá conter o anagrama e denominación da Axencia Tributaria e necesariamente o seguinte texto “Programa cedido gratuitamente pola Axencia Tributaria”.

    O cesionario realizará a distribución do manual, impreso, publicación ou programa de axuda de forma gratuíta.

     
  • Propiedade intelectual

    Os dereitos de propiedade intelectual da web da AEAT, o seu deseño gráfico e os códigos que contén son titularidade da Axencia Tributaria, a non ser que se indique unha titularidade diferente.

    A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual da Axencia Tributaria ou daquel que sexa titular.

    Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no Portal e/ou Sede están protexidos pola Lei.

    A utilización non autorizada da información contida na web da AEAT, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial da Axencia Tributaria poden dar lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan e, se procede, ás responsabilidades que do devandito exercicio se deriven.

     
  • Política de privacidade

    Ademais das consideracións realizadas nos apartados anteriores, a política de privacidade da web da AEAT, baséase en:

    • A solicitude exclusivamente dos datos imprescindíbeis para poder proporcionarlle os servizos solicitados.
    • O tratamento dos datos de carácter persoal de acordo co estabelecido pola Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e demais normativas de aplicación.
    • Cookies:

      A web da AEAT utiliza cookies (arquivos de información que se gardan no ordenador do usuario) na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web.

      As cookies utilizadas teñen unha vixencia temporal limitada e en ningún caso se usan para recoller información de carácter persoal.

    • Google Analytics:
      1. A Web da AEAT utiliza Google Analytics, un servizo prestado por Google, Inc., que permite analizar o uso que fan os usuarios do sitio web, con obxecto exclusivamente estatístico.
      2. Para estes efectos, Google Analytics utiliza cookies. A información que xera a cookie para elaborar a información estatística será directamente transmitida e arquivada por Google. Para garantir o anonimato, Google converterá a súa información en anónima truncando o enderezo IP antes de almacenala, de forma que Google Analytics non se usa para localizar ou solicitar información persoal identificable dos visitantes do sitio. Google só poderá enviar a información solicitada por Google Analytics a terceiros cando estea legalmente obrigado a iso. Conforme ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics, Google non asociará o seu enderezo IP a ningún outro dato conservado por Google.
      3. Se vostede quere denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou a información con Google Analytics, pinche aquí. Esta acción establece que non se envíe a información relativa á visita do sitio a Google Analytics. Deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración. Recorde que se borra as cookies deberá volver executar esta acción para volver denegar o permiso, xa que o indicador de denegación se garda nunha cookie.
     
  • Sistemas de identificación e sinatura electrónica

    Para poder acceder á práctica totalidade dos servizos e trámites ofrecidos na web da Axencia Tributaria vostede deberá acreditar a súa identidade e, nos casos nos que así se requira, asinar electronicamente os escritos presentados. Para estes fins, aceptaranse os sistemas de identificación e sinatura electrónica admitidos pola Axencia Tributaria, detallados no seguinte enlace “Tipos de acceso a trámites de Sede”

     
  • Dereito aplicable e xurisdición competente

    A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos desta web, será a lei española.

    Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita á web da AEAT ou do uso dos servizos que nela se ofertan, a Axencia Tributaria e o usuario acordan someterse aos Xuíces e Tribunais de domicilio do usuario ou usuaria, sempre que estea situado en territorio español.