Aviso de seguridade

  • A Axencia Tributaria advirte de diversos intentos de fraude por canles tecnolóxicas:

    A través de Internet: páxinas web falsas e phishing

    Os intentos de engano fan referencia a supostos reembolsos ou devolucións de impostos, mediante envíos de comunicacións masivas por correo electrónico nos que se suplanta a identidade e imaxe da Axencia Estatal de Administración Tributaria, ou ben a identidade dos seus directivos. Con frecuencia, os intentos de fraude fan referencia a unha suposta información que imposibilita o envío da devolución da campaña de Renda e suplanta a imaxe da Axencia Tributaria.

    Nestes envíos de correos fraudulentos, coñecidos como “phishing”, faise referencia a un reembolso de impostos inexistente na que o receptor do correo electrónico sae beneficiado. Para poder dispoñer do diñeiro hai que acceder a un enderezo web ou encher un formulario nos que se deben achegar datos de contas bancarias ou tarxetas de crédito ou débito.

    O obxectivo dos delincuentes é roubar á vítima datos persoais ou bancarios, xa for remitíndolle a unha páxina web falsa que suplanta á da Axencia Tributaria ou facéndolle descargar ficheiros con virus.

    Non atenda esas mensaxes, é un intento de fraude que suplanta a imaxe da Axencia Tributaria.

    Non é a primeira vez que se utiliza este tipo de correos fraudulentos, por este motivo, a concienciación e a información dos cidadáns é esencial. Recomendámoslles:

    • Non abrir mensaxes de usuarios descoñecidos ou que non solicitase, elimíneos directamente.
    • Non contestar en ningún caso a estas mensaxes.
    • Precaución ao seguir ligazóns en correos aínda que sexan de contactos coñecidos.
    • Precaución ao descargar ficheiros adxuntos de correos aínda que sexan de contactos coñecidos.

    A Axencia Tributaria recorda que a mellor medida é a prevención dos usuarios ante comunicacións sospeitosas que inclúan a petición de datos bancarios.

    A Axencia Tributaria insiste en que:

    • Nunca solicita por correo electrónico información confidencial, económica ou persoal, números de conta nin números de tarxeta dos contribuíntes nin achega anexos con información de facturas ou outros tipos de datos.
    • Nunca realiza devolucións a tarxetas de crédito ou débito.
    • Nunca cobra importe ningún polos servizos que presta. O usuario só asumirá o custo compartido das chamadas a teléfonos 901.

    Consulte exemplos destas campañas de suplantación da Axencia Tributaria

    A Axencia Tributaria é titular do sitio web composto polo Portal (dominio: “www.agenciatributaria.es”) e a Sede electrónica (dominios: “www.agenciatributaria.gob.es”, “www1.agenciatributaria.gob.es”, “www2.agenciatributaria.gob.es”, “www3.agenciatributaria.gob.es”, “www6.agenciatributaria.gob.es”, “www8.ia.agenciatributaria.gob.es”, “www9.agenciatributaria.gob.es”, “www10.agenciatributaria.gob.es”, "www12.agenciatributaria.gob.es", en diante, denominados conxuntamente polo termo “web da AEAT”).

    Teña presente sempre que calquera trámite da Axencia Tributaria que implique un pagamento se realizará a través da "Web da AEAT" e en condicións de comercio electrónico seguro.

    Por outra parte, a Axencia Tributaria prohibe expresamente a realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos en calquera dos dominios descritos neste Aviso de seguridade.

    Mensaxes de texto (SMS) non enviadas pola Axencia Tributaria.

    Detectouse o envío aos contribuíntes de mensaxes de texto (SMS) por parte de empresas de atención e información telefónica, que redireccionan as chamadas cara á Axencia Tributaria e cóbranas en función da súa taxación, para solicitar servizos como a solicitude do borrador de Renda e a súa confirmación.

    A Axencia Tributaria recorda que os teléfonos de información tributaria básica e outros servizos telefónicos son os que aparecen no seu portal de Internet www.agenciatributaria.es e aos que pode acceder dende a seguinte ligazón:

  • Información Tributaria Básica e outros servizos telefónicos
  • Servizos telefónicos de cita previa alleos á Axencia Tributaria.

    Detectouse que determinados números de teléfono ofrecen a posibilidade de concertar cita previa para a confección de declaracións ou a modificación de borradores en oficinas da Axencia Tributaria.

    A Axencia Tributaria quere deixar constancia de que estes números de teléfono son totalmente alleos a esta e que, ademais de supoñer elevados custos de taxación para os usuarios, as citas que se obteñan a través dos devanditos números poderían non ser válidas e, polo tanto, non atenderse.

  • Servizos de cita previa e outros servizos telefónicos
  • Tamén poderá concertar cita previa, de forma gratuíta, a través de Internet, en www.agenciatributaria.es

    Aplicacións para móbiles

    Detectouse que en determinados markets de apps Android para móbiles hai dispoñibles aplicacións que utilizan a imaxe da Axencia Tributaria ofrecendo servizos no seu nome.

    A Axencia Tributaria quere deixar constancia de que as aplicacións para móbiles elaboradas pola Axencia Tributaria están exclusivamente dispoñibles para a súa descarga gratuíta en AppStore e Google Play.

    Colabore para evitar a fraude por Internet

    Estas fraudes son detectadas en moitas ocasións grazas á colaboración dos internautas que se poñen en contacto cos servizos de información da Axencia Tributaria, que toma inmediatamente as medidas necesarias para perseguilos.

    En caso de dúbida sobre a autenticidade de calquera correo electrónico ou sitio de Internet, SMS recibidos ou servizos de cita previa ou similares, que afirmen estar remitidos ou ser propiedade da Axencia Tributaria, contacte connosco no Centro de Atención Telefónica do departamento de Informática Tributaria (901 200 347 ou 91 757 57 77 ou 93 442 27 64) para verificar a súa autenticidade.

    A Axencia Tributaria agradece a colaboración cidadá para informar sobre este tipo de actuacións.

    Denuncie se recibiu mensaxes deste tipo

    Consellos para evitar a fraude por Internet

    Os intentos de fraude realízanse mediante envíos masivos por correo electrónico nos que se suplanta a identidade e imaxe da Axencia Tributaria.

    En xeral, estes envíos fan referencia a un reembolso de impostos inexistente. Para poder dispoñer do diñeiro hai que acceder a un enderezo web no que se deben achegar datos de contas bancarias e tarxetas de crédito. Non faga clic en ningunha ligazón ou ficheiro adxunto que proceda dun correo sospeitoso.

    A Axencia Tributaria nunca solicita por correo electrónico información confidencial, económica ou persoal, nin números de conta nin números de tarxeta dos contribuíntes nin achega anexos con información de facturas ou outros tipos de datos.

    Non atenda esas mensaxes, é un intento de fraude que suplanta a imaxe da Axencia Tributaria.

    Non é a primeira vez que se utiliza este tipo de correos fraudulentos, por este motivo, a concienciación e a información dos cidadáns é esencial. Recomendámoslles:

    • Non abrir mensaxes de usuarios descoñecidos ou que non solicitase, elimíneos directamente.
    • Non contestar en ningún caso a estas mensaxes.
    • Precaución ao seguir ligazóns en correos aínda que sexan de contactos coñecidos.
    • Precaución ao descargar ficheiros adxuntos de correos aínda que sexan de contactos coñecidos.

    Para maior seguridade, conéctese á Axencia Tributaria tecleando o enderezo no navegador.

    En especial, no acceso á Sede electrónica, verifique o noso certificado.