Procedemento

Procedemento sancionador art.º 7 Lei 7/2012 xestionado por Alfándegas e Impostos Especiais.

Datos xerais

Denominación

Procedemento sancionador art.º 7 Lei 7/2012 xestionado por Alfándegas e Impostos Especiais.

Tipo de procedemento

Sancionador

Materia

Alfándegas

Obxecto

Procedemento dirixido a analizar a comisión dunha infracción administrativa e a impoñer, se resulta procedente, a sanción, que corresponda.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento

Forma de inicio

Oficio

Solicitante: Administración

Lugar de presentación

  • Telemática.

  • Oficinas da AEAT.

  • Oficinas de correos.

  • Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015.

Fases do procedemento/servizo

  • Inicio: O procedemento iníciase de oficio por acordo do xefe de Dependencia Rexional de Alfándegas e II.EE., cando teña indicios de que se produciu un pagamento en efectivo dalgunha operación na que interviñese un empresario ou profesional cun importe igual ou superior a 2.500 euros ou o seu contravalor en moeda estranxeira, ou por importe de 15.000 euros ou o seu contravalor en moeda estranxeira, cando o pagador sexa unha persoa física que xustifique que non ten o seu domicilio fiscal en España e non actúe en calidade de empresario ou profesional e estime que estes feitos poden ser sancionables.

  • Tramitación: Os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba pronunciarse a resolución, realizaranse de oficio polo órgano que tramite o procedemento. Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia, aducir alegacións e achegar documentos ou outros elementos de xuízo. Instruído o procedemento, formularase proposta de resolución na que se recollerán de forma motivada os feitos, a súa cualificación xurídica e a infracción que aqueles poidan constituír ou a declaración, se é o caso, de inexistencia de infracción ou responsabilidade. Concretarase así mesmo a sanción proposta. A proposta de resolución será notificada ao interesado. Indicaráselle que se abre o trámite de audiencia e que dentro dos quince días seguintes á data de notificación da proposta o interesado poderá presentar ante o instrutor as alegacións que considere oportunas e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes, logo de posta de manifesto do expediente nese mesmo lugar. Se non achega novos documentos ou elementos de proba, pode ditarse a resolución de acordo coa proposta. Indicarase ao interesado que pode proceder ao pagamento da sanción proposta antes de ditarse resolución, o que implicará a terminación do procedemento, sen prexuízo dos recursos procedentes.

  • Terminación: O procedemento rematará por resolución do xefe de Dependencia Rexional de Alfándegas e II. EE., na que se impoña a sanción ou se considere que os feitos non son sancionables, ou por caducidade.

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Alzada: Prazo: Un mes dende o día seguinte á notificación da resolución ante o órgano do que provén o acto administrativo recorrido ou ante o que debe resolver.

Información vinculada á tramitación electrónica

Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa

Normativa Básica

Ley 7/2012, de 29 de octubre, de modificación de la normativa tributaria y presupuestaria y de adecuación de la normativa financiera para la intensificación de las actuaciones en la prevención y lucha contra el fraude (BOE 30-octubre-2012).

Ley 10/2010, de 28 de abril, de prevención del blanqueo de capitales y de la financiación del terrorismo (BOE 29-abril-2010)

Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto, por el que se aprueba el Reglamento del Procedimiento para el Ejercicio de la Potestad Sancionadora. (BOE 9-agosto-1983)

Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas