Procedemento

Verificación de datos / Comprobación limitada - Retencións IRPF grandes empresas (Modelo 111).

Datos xerais


Denominación

Verificación de datos / Comprobación limitada - Retencións IRPF (Modelo 111).

Tipo de procedemento

Tributaria

Materia

Impostos

Obxecto

O procedemento de verificación de datos ten por obxecto a aclaración ou xustificación das discrepancias observadas nas declaracións ou autoliquidacións presentadas polo obrigado tributario ou dos datos relativos ás devanditas declaracións ou autoliquidacións.
No procedemento de comprobación limitada poderanse comprobar os feitos, actos, elementos, actividades, explotacións e demais circunstancias determinantes da obriga tributaria.
No desenvolvemento destas funcións de comprobación poderanse cualificar os feitos, actos, actividades, explotacións e negocios realizados polo obrigado tributario con independencia da previa cualificación que este último dera a estes e o exercicio ou período no que a realizou.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

oficio

Solicitante: Administración

Lugar de presentación

Telemática, na Sede electrónica da Axencia Tributaria
Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
Oficinas de Correos.
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015.

Documentación

Iníciase de oficio pola Administración.

Fases do procedemento/servizo

Inicio. De oficio.
Verificación de datos:
Mediante requirimento da Administración para que o obrigado tributario aclare ou xustifique a discrepancia observada ou os datos relativos á súa declaración ou autoliquidación ou mediante a notificación da proposta de liquidación cando a Administración conte con datos suficientes para formulala.
Comprobación limitada:
Por acordo do órgano competente. O inicio das actuacións notificaráselle ao obrigado tributario mediante comunicación, na que se lle indicará a natureza e alcance das actuacións e se lle informará sobre os seus dereitos e obrigas no curso destas. Cando os datos en poder da Administración Tributaria sexan suficientes para formular a proposta de liquidación, o procedemento poderá iniciarse mediante a notificación desta proposta Tramitación:
Verificación de datos:
Con carácter previo á resolución ou á práctica da liquidación provisional, a Administración notificaralle ao obrigado tributario a proposta de resolución ou de liquidación para que efectúe alegacións nun prazo de dez días.
Comprobación limitada:
O obrigado tributario que tivese sido requirido deberá comparecer no lugar, día e hora sinalados para a práctica das actuacións, e deberá achegar a documentación e demais elementos solicitados. Con carácter previo á resolución, a Administración notificaralle ao obrigado tributario a proposta de resolución ou de liquidación para que efectúe alegacións nun prazo de dez días. Poderase prescindir do trámite de alegacións cando a resolución conteña manifestación expresa de que non procede regularizar a situación tributaria como consecuencia da comprobación realizada.Terminación:
O procedemento de verificación de datos rematará por algunha das seguintes formas:
a) Resolución, na que se indique non procede practicar liquidación provisional ou na que se corrixan os defectos advertidos.
b) Liquidación provisional. Deberá estar motivada cunha referencia sucinta aos feitos e fundamentos de dereito que se tivesen en conta nesta.
c) Emenda, aclaración ou xustificación da discrepancia ou do dato obxecto do requirimento por parte do obrigado tributario. Esta circunstancia farase constar en dilixencia, non sendo necesario pronunciar resolución expresa.
d) Caducidade.
e) Inicio dun procedemento de comprobación limitada ou de inspección que inclúa o obxecto da verificación de datos.
A verificación de datos non impedirá a posterior comprobación do obxecto desta.
O procedemento de comprobación limitada rematará por algunha das seguintes formas:
a) Resolución expresa da Administración.
b) Caducidade.
c) Inicio dun procedemento inspector que inclúa o obxecto da comprobación limitada.

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que ditase o acto reclamable. A interposición será obrigatoria a través da Sede electrónica da AEAT cando os reclamantes estean obrigados a recibir por medios electrónicos as comunicacións e notificacións.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Orden EHA/586/2011, de 9 de marzo, por la que se aprueba el modelo 111 de autoliquidación de retenciones e ingresos a cuenta del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas sobre rendimientos del trabajo y de actividades económicas, premios y determinadas ganancias patrimoniales e imputaciones de renta y se modifica otra normativa tributaria. (BOE 18-marzo-2011)

Orden HAP/2194/2013, de 22 de noviembre, por la que se regulan los procedimientos y las condiciones generales para la presentación de determinadas autoliquidaciones, declaraciones informativas, declaraciones censales, comunicaciones y solicitudes de devolución de naturaleza tributaria (BOE, 26-noviembre-2013).