Procedemento

IRPF. Regularización por falta de presentación.

Datos xerais


Denominación

IRPF. Regularización por falta de presentación.

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

É un procedemento que persegue a comprobación dos feitos, actos, elementos, actividades, explotacións e demais circunstancias determinantes da obriga tributaria.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Oficio

Solicitante: Administración

Lugar de presentación

Telemática.
Oficinas da AEAT
Oficinas de Correos
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015

Documentación

Iníciase de oficio pola Administración.

Fases do procedemento/servizo

Inicio. De oficio. Por acordo do órgano competente. O inicio das actuacións notificarase ao obrigado tributario mediante comunicación, na que se lle indicará a natureza e alcance das actuacións e se lle informará sobre os seus dereitos e obrigas no curso destas. Cando os datos en poder da Administración Tributaria sexan suficientes para formular a proposta de liquidación, o procedemento poderá iniciarse mediante a notificación desta proposta.
Tramitación: O obrigado tributario que tivese sido requirido deberá comparecer no lugar, día e hora sinalados para a práctica das actuacións e deberá achegar a documentación e demais elementos solicitados. Con carácter previo á resolución, a Administración notificará ao obrigado tributario a proposta de resolución ou de liquidación para que efectúe alegacións nun prazo de dez días. Poderase prescindir do trámite de alegacións cando a resolución conteña manifestación expresa de que non procede regularizar a situación tributaria como consecuencia da comprobación realizada.
Terminación: O procedemento rematará dalgunha das seguintes formas: a) Resolución expresa da Administración. b) Caducidade. c) Inicio dun procedemento inspector que inclúa o obxecto da comprobación limitada.

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo que se vaia recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. Artículos 97 a 116, 136 a 140. (BOE 18-diciembre-2003)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. Artículos 87 a 115, 163 a 165. (BOE 5-septiembre-2007)