Procedemento

Comprobación censual - Xestión e control do Rexistro de Devolución Mensual.

Datos xerais


Denominación

Comprobación censual - Xestión e control do Rexistro de Devolución Mensual

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

As actuacións de comprobación censual teñen por obxecto a comprobación da veracidade dos datos comunicados polos obrigados tributarios nas súas declaracións censuais, de acordo cos datos comunicados ou declarados polo propio obrigado tributario, cos datos en poder da Administración, e mediante o exame físico e documental dos feitos e circunstancias nas oficinas, despachos, locais e establecementos do obrigado tributario.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Oficio

Solicitante: Administración

Interesado

Solicitante: Cidadán - Empresa

Lugar de presentación

Telemática.
Oficinas da AEAT.
Oficinas de Correos.
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015

Documentación

Para acceder ao Rexistro de Devolución Mensual debe presentarse o modelo 036 ou o 039 se se trata dun grupo de entidades

Fases do procedemento/servizo

Acceso ao Rexistro de Devolución Mensual. Requisitos:
a) Que soliciten a inscrición mediante a presentación da declaración censual de alta, modificación e baixa no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores (modelo 036).
b) Que se encontren ao corrente das súas obrigas tributarias.
c) Que non se encontren nalgún dos supostos que poderían dan lugar á baixa preventiva no Rexistro de Devolución Mensual ou á revogación do número de identificación fiscal.
d) Que non realicen actividades que tributen no réxime simplificado.
e) No caso de entidades acollidas ao réxime especial do grupo de entidades do IVE, a inscrición no rexistro solicitarase a través do modelo 039 e só procederá cando todas as entidades do grupo que apliquen o devandito réxime especial así o acorden e reúnan os requisitos establecidos nesta alínea.
As solicitudes de inscrición presentaranse no mes de novembro do ano anterior a aquel en que deban producir efectos. A inscrición no rexistro realizarase dende o día 1 de xaneiro do ano no que deba producir efectos.
Tratándose de Grupos de Entidades en IVE, poderá solicitarse a inscrición no Rexistro de Devolución Mensual conxuntamente coa opción polo Réxime Especial de Grupos de Entidades, é dicir, no mes de decembro anterior ao ano natural en que deba producir efecto.
Non obstante, os suxeitos pasivos que non solicitaran a inscrición no rexistro no prazo establecido no parágrafo anterior, así como os empresarios ou profesionais que non iniciaran a realización de entregas de bens ou prestacións de servizos correspondentes a actividades empresariais ou profesionais pero adquiriran bens ou servizos coa intención, confirmada por elementos obxectivos, de destinalos ao desenvolvemento de tales actividades, poderán igualmente solicitar a súa inscrición no rexistro durante o prazo de presentación das declaracións-liquidacións periódicas. En ambos os dous casos, a inscrición no rexistro producirá efectos dende o día seguinte a aquel no que finalice o período de liquidación das devanditas declaracións-liquidacións.
A presentación de solicitudes de inscrición no rexistro fóra dos prazos establecidos, levará consigo a súa desestimación e arquivo sen máis trámite que o de comunicación ao suxeito pasivo.
O incumprimento dalgún dos requisitos establecidos, ou a constatación da inexactitude ou falsidade da información censual facilitada á Administración Tributaria, será causa suficiente para a denegación da inscrición no rexistro.
Para comprobar a veracidade dos datos declarados poderanse realizar actuacións de comprobación censual.
Procedemento de rectificación censual:
Cando se tramite un procedemento de rectificación censual as fases serán as seguintes:
Inicio: Mediante requirimento da Administración para que o obrigado tributario aclare ou xustifique a discrepancia observada ou os datos relativos á súa declaración censual, ou mediante a notificación da proposta de resolución, cando a Administración Tributaria conte con datos suficientes para formulala.
Tramitación: A Administración deberá notificar ao obrigado tributario a proposta de resolución, concedendo un prazo de dez días para efectuar alegacións. Nesta fase, a Administración poderá realizar actuacións de comprobación censual.
Terminación: Por algunha das seguintes formas:
a) Resolución, na que se rectifiquen os datos censuais do obrigado tributario.
b) Emenda, aclaración ou xustificación da discrepancia ou do dato obxecto do requirimento polo obrigado tributario, sen que sexa necesario pronunciar resolución expresa. Da devandita circunstancia deixarase constancia expresa en dilixencia.
c) Caducidade.
d) Inicio dun procedemento de comprobación limitada ou de inspección que inclúa o obxecto do procedemento de rectificación

Formularios

Modelo 036 e Modelo 039. Tramitación electrónica

Modelo 036. Tramitación presencial

Modelo 039. Tramitació presencial

Prazo de resolución

3 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender resolto o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa de tramitación

Orden EHA/1274/2007, de 26 de abril,por la que se aprueban los modelos 036 de Declaración censal de alta, modificación y baja en el Censo de empresarios, profesionales y retenedores y 037 Declaración censal simplificada de alta, modificación y baja en el Censo de empresarios, profesionales y retenedores. (BOE 10-mayo-2007 )

ORDEN EHA/3695/2007, de 13 de diciembre, por la que se aprueba el modelo 030 de Declaración censal de alta en el Censo de obligados tributarios, cambio de domicilio y/o variación de datos personales, que pueden utilizar las personas físicas, se determinan el lugar y forma de presentación del mismo y se modifica la Orden EHA/1274/2007, de 26 de abril, por la que se aprueban los modelos 036 de Declaración censal de alta, modificación y baja en el Censo de empresarios profesionales y retenedores y 037 Declaración censal simplificada de alta, modificación y baja en el Censo de empresarios, profesionales y retenedores. (BOE 19-diciembre-2007 )

Normativa Básica

Ley 37/1992, de 28 de diciembre, del Impuesto sobre el Valor Añadido. Artículo 116 y 163 nonies. (BOE 29-diciembre-1992)

Real Decreto 1624/1992, de 29 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento del Impuesto sobre el Valor Añadido. Artículo 30. (BOE 31-diciembre-1992)

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. Artículos 97 a 116, 123. (BOE 18-diciembre-2003)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. Artículos 3 a 15, 25, 36, 74, 87 a 115 y 144 a 146. (BOE 5-septiembre-2007)