Procedemento

IVE. Recoñecemento da exención do IVE das prestacións de servizos e entregas de bens accesorios efectuadas aos seus membros por determinados organismos sen finalidade lucrativa.

Datos xerais


Denominación

IVE. Recoñecemento da exención do IVE das prestacións de servizos e entregas de bens accesorios efectuadas aos seus membros por determinados organismos sen finalidade lucrativa.

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Solicitude por parte do obrigado tributario da exención do Imposto sobre o Valor Engadido das prestacións de servizos e entregas de bens accesorios efectuadas aos seus membros por determinados organismos sen finalidade lucrativa, xa que a aplicación da devandita exención non é automática, senón que require o seu previo recoñecemento polo órgano competente da Administración tributaria.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán - Empresa

Lugar de presentación

Telemática.
Oficinas da AEAT
Oficinas de Correos
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015

Documentación

Solicitude por parte do obrigado tributario de recoñecemento da exención do IVE das prestacións de servizos e entregas de bens accesorios efectuadas aos seus membros por determinados organismos sen finalidade lucrativa.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Solicitude presentada polo obrigado tributario instando o recoñecemento da exención do IVE das prestacións de servizos e entregas de bens accesorios efectuadas aos seus membros por determinados organismos sen finalidade lucrativa.
Tramitación: Comprobación por parte da Administración tributaria do cumprimento dos requisitos necesarios para o recoñecemento da exención solicitada.
Terminación: Resolución expresa por parte da AEAT da solicitude presentada polo obrigado tributario.

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Ley 37/1992, de 28 de diciembre, del Impuesto sobre el Valor Añadido. Artículo 20.Uno.12º. (BOE 29-diciembre-1992)

Real Decreto 1624/1992, de 29 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento del Impuesto sobre el Valor Añadido. Artículo 5. (BOE 31-diciembre-1992)