Procedemento

Imposto sobre sucesións e doazóns (Ceuta e Melilla)

Datos xerais


Denominación

Imposto sobre sucesións e doazóns (Ceuta e Melilla)

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Procedemento para a presentación da declaración correspondente ao imposto sobre sucesións e doazóns co fin de que a Axencia Tributaria practique a liquidación polo devandito imposto. Tamén existe a posibilidade, a opción do contribuínte, de presentar unha autoliquidación, que poderá ser revisada e, se é o caso, modificada pola Administración. Este procedemento só resulta aplicable cando o rendemento do imposto se entenda producido en Ceuta ou en Melilla, ou cando o contribuínte non sexa residente en España, pois en calquera outro caso a competencia para a súa tramitación e resolución corresponderá á Comunidade Autónoma na que se entenda producido o rendemento do imposto.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán

Lugar de presentación

Telemática.
Entidades Colaboradoras
Oficinas da AEAT.
Oficinas de Correos.
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015.

Documentación

Modelos 650, 651 ou 652 de presentación de declaración ou autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns. Se se opta pola declaración, deberá acompañarse o modelo dunha copia do documento que conteña o acto suxeito a tributación.

Fases do procedemento/servizo

Inicio. Presentación polo contribuínte do modelo 650, 651 ou 652, de declaración do imposto sobre sucesións e doazóns, no prazo de seis meses dende o falecemento do causante (nos supostos de sucesións) ou de trinta días hábiles dende a celebración do acto ou contrato (nos supostos de doazóns ou de percepcións derivadas de contratos de seguros de vida).
Tramitación. Posibilidade por parte da Axencia Tributaria de requirir ao contribuínte a achega dos datos ou documentos que considere necesarios para practicar liquidación, concedendo ao contribuínte un prazo de dez días para achegar os datos ou documentos requiridos. Notificación de proposta de liquidación provisional cando a Axencia Tributaria vaia ter en conta na súa liquidación datos distintos aos declarados polo contribuínte. En tal caso, concederase ao contribuínte un prazo de quince días para presentar os datos, xustificantes e alegacións que considere oportunos.
Terminación. Práctica de liquidación provisional por parte da Axencia Tributaria, a notificar ao contribuínte no prazo máximo de seis meses dende o inicio do procedemento. Se transcorresen seis meses dende o inicio do procedemento sen pronunciarse e notificarse liquidación provisional, producirase a caducidade deste, sen prexuízo de que a Administración poida iniciar un novo procedemento (procedemento de oficio neste caso) dentro do prazo de prescrición.

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Orden HAP/2488/2014, de 29 de diciembre, por la que se aprueban los modelos 650, 651 y 655 de autoliquidación del Impuesto sobre Sucesiones y Donaciones, y se determina el lugar, forma y plazo para su presentación (BOE 31-12-2014).