Procedemento

IS. Inscrición no Rexistro Especial de Unións Temporais de Empresas do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Datos xerais


Denominación

IS. Inscrición no Rexistro Especial de Unións Temporais de Empresas do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

As Unións Temporais de Empresas (UTE) que desexen tributar de acordo co réxime tributario especial previsto no artigo 48 do Real decreto lexislativo 4/2004, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do imposto sobre sociedades, deben solicitar a inscrición no Rexistro Especial de Unións Temporais de Empresas do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, adscrito á Axencia Estatal de Administración Tributaria. Con carácter xeral, se se acollen ao devandito réxime especial non tributarán no imposto sobre sociedades e imputarán bases impoñibles, deducións e bonificacións en cota e retencións e ingresos en conta aos socios residentes en territorio español.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Empresa

Lugar de presentación

Telemática.

Documentación

Presentación de solicitude de inscrición no rexistro de UTES, achegando necesariamente como documentación complementaria a escritura de constitución da UTE, que contén os Estatutos da sociedade.

Fases do procedemento/servizo

Inicio. Mediante presentación da solicitude.
Tramitación, cos documentos achegados ou requiridos.
Terminación. Resolución expresa.

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

Certificado electrónico

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Ley 18/1982, de 26 de mayo, sobre el régimen fiscal de agrupaciones y uniones temporales de empresas y de sociedades de desarrollo regional. (BOE 9-junio-1982)

Real Decreto 1777/2004, de 30 de julio, por el que se aprueba el Reglamento del Impuesto sobre Sociedades. (BOE 6-agosto-2004)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. Disposición Adicional Primera. Uno.3. (BOE 5-septiembre-2007)

Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Pública