Procedemento

Recoñecemento do dereito ao tipo reducido de IVE do 4% nas operacións relativas a vehículos destinados ao transporte de persoas con discapacidade en cadeiras de rodas ou con mobilidade reducida

Datos xerais


Denominación

Recoñecemento do dereito ao tipo reducido de IVE do 4% nas operacións relativas a vehículos destinados ao transporte de persoas con discapacidade en cadeiras de rodas ou con mobilidade reducida

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Procedemento que ten por obxecto o recoñecemento previo do dereito do adquirente á aplicación do tipo reducido de Imposto sobre o Valor Engadido do 4% nas entregas ou adquisicións intracomunitarias de vehículos destinados a ser utilizados como autotaxis ou autoturismos especiais para o transporte de persoas con discapacidade en cadeira de rodas, ben directamente ou previa á súa adaptación, así como os vehículos a motor que, logo de adaptación ou non, deban transportar habitualmente persoas con discapacidade en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida, con independencia de quen sexa o condutor destes.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán - Empresa

Lugar de presentación

Telemática.
Oficinas da AEAT
Oficinas de Correos
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015

Documentación

Xunto coa solicitude deberase acompañar a documentación que acredite que o destino do vehículo é o transporte habitual da persoa con discapacidade en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: A instancia de parte, mediante solicitude subscrita tanto polo adquirente como pola persoa con discapacidade, sempre que sexa distinto do adquirente (Formulario 04). Deberá acreditarse a discapacidade ou a mobilidade reducida e que o destino do vehículo é o transporte habitual de persoas con discapacidade en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida
Tramitación: Se se cumpren os requisitos emitirase acordo de aceptación provisional, que permite a adquisición do vehículo aplicando o tipo do 4%.
Posteriormente, o vendedor do vehículo a través de Internet, ou o propio solicitante comparecendo nas oficinas da Administración, deberán comunicar os datos correspondentes á adquisición do vehículo. Se non son correctos, emitirase proposta de resolución denegatoria concedendo trámite de audiencia ao interesado.
Terminación: De ser correctos, expedirase un acordo de recoñecemento definitivo do dereito á aplicación do tipo do 4%.
Os suxeitos pasivos que realicen as entregas de vehículos para o transporte habitual de persoas con discapacidade en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida só poderán aplicar o tipo impositivo reducido cando o adquirente acredite o seu dereito mediante o documento no que conste o pertinente acordo da Axencia Estatal de Administración Tributaria, o cal deberá conservarse durante o prazo de prescrición.

Formularios

Modelo 04

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Ley 37/1992, de 28 de diciembre, del Impuesto sobre el Valor Añadido. Artículo 91. Dos.1.4º. (BOE 29-diciembre-1992)

Reglamento del Impuesto sobre el Valor Añadido, aprobado por Real Decreto 1624/1992, de 29 de diciembre. Artículo 26 bis. Dos. (BOE 31-diciembre-1992)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. Artículos 136 y 137. Disposición Adicional Primera. Uno. 9. (BOE 5-septiembre-2007)