Procedemento

Control da presentación de declaracións informativas.

Datos xerais


Denominación

Control da presentación de declaracións informativas.

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Control de presentación de declaracións e autoliquidacións:
a) Cando lles resulten obrigados de acordo coa súa situación censual.
b) Cando a obriga se poña de manifesto pola presentación doutras declaracións, autoliquidacións ou comunicacións de datos do propio obrigado tributario.
c) Cando se derive de información en poder da Administración procedente de terceiras persoas.
d) Cando se poña de manifesto no curso doutras actuacións ou procedementos de aplicación dos tributos.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Oficio

Solicitante: Administración

Lugar de presentación

Telemática.
Oficinas da AEAT

Documentación

O procedemento iníciase de oficio pola Administración. O interesado pode presentar a declaración ou autoliquidación omitida.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Requirimento ao obrigado tributario, para que presente a declaración ou autoliquidación omitida ou, se é o caso, comunique a correspondente modificación ou baixa censual.
Tramitación: Alegacións do obrigado tributario.
Terminación: O procedemento rematará por algunha das seguintes formas:
a) Pola presentación da declaración ou autoliquidación omitida.
b) Pola xustificación da non suxeición ou exención no cumprimento da obriga de presentación.
c) Polo inicio dun procedemento de comprobación ou investigación.
d) Por caducidade, unha vez transcorrido o prazo de tres meses sen notificar resolución expresa que poña fin ao procedemento.

Prazo de resolución

3 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo que se vaia recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. Artículo 123. (BOE 18-diciembre-2003)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. Artículo 153. (BOE 5-septiembre-2007)