Procedemento

IRPF. Borrador da declaración.

Datos xerais

Denominación

IRPF. Borrador da declaración.

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Facilitar a confección e presentación do Imposto sobre a renda das persoas físicas, exercicio 2015 e anteriores.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento

Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán

Lugar de presentación

Telemática
Telefónica
Oficinas da AEAT

Documentación

Será necesario responder ao perfil de borrador establecido pola Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas. De non ser así, remitiránselle os seus datos fiscais

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Os contribuíntes poderán solicitar que a Administración tributaria lles remita, con fins puramente informativos, un borrador de declaración, sempre que respondan ao perfil de borrador establecido pola Lei do IRPF.
Tramitación: A Axencia Tributaria realizará os cálculos que estableza a normativa.
Terminación: Por último, a Axencia Tributaria remitirá un borrador de liquidación do IRPF xunto cos datos fiscais, con fins puramente informativos.
Se o contribuínte non reúne o perfil previsto para recibir o borrador, poñerá a disposición do contribuínte os seus datos fiscais, nos que se incluirá toda a información do contribuínte de que dispón a Axencia Tributaria que sexa relevante para cubrir a declaración.
Cando o contribuínte considere que o borrador de declaración reflicte a súa situación tributaria, poderá subscribilo ou confirmalo, en cuxo caso terá a consideración de declaración por este imposto.
O contribuínte poderá instar a rectificación do borrador cando considere que han de engadirse datos persoais ou económicos non incluídos neste ou advirta que contén datos erróneos ou inexactos.

Formularios

Borrador IRPF (Tramitación electrónica)

Prazo de resolución

Non ten

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información vinculada á tramitación electrónica

Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Outros, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 5: Proactivo

Normativa

Normativa Básica

Ley 35/2006, de 28 de noviembre, del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas. (BOE 29-noviembre-2006). Artículo 98.

Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo, por el que se aprueba el Reglamento del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas. Artículo 64.

Orden HAP/365/2016, de 17 de marzo, por la que se aprueban los modelos de declaración del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y del Impuesto sobre el Patrimonio, ejercicio 2015, se determinan el lugar, forma y plazos de presentación de los mismos, se establecen los procedimientos de obtención, modificación, confirmación y presentación del borrador de declaración del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas, se determinan las condiciones generales y el procedimiento para la presentación de ambos por medios telemáticos o telefónicos y se modifica otra normativa tributaria. (BOE 22 - marzo - 2016)