Procedemento

Comprobación do censo de Grupos de Sociedades.

Datos xerais


Denominación

Comprobación do censo de Grupos de Sociedades.

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

As actuacións de comprobación censual dos grupos de sociedades teñen por obxecto comprobar a veracidade dos datos comunicados polos obrigados tributarios nas súas declaracións censuais en relación cos grupos fiscais, de acordo cos datos comunicados ou declarados polo propio obrigado tributario e, cos datos en poder da Administración.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Oficio

Solicitante: Administración

Lugar de presentación

Telemática, na Sede electrónica da Axencia Tributaria

Documentación

O procedemento iníciase de oficio pola Administración. O obrigado poderá presentar declaración censual.

Fases do procedemento/servizo

Procedemento de rectificación censual:
Inicio: Mediante requirimento da Administración para que o obrigado tributario aclare ou xustifique a discrepancia observada ou os datos relativos á súa declaración censual, ou mediante a notificación da proposta de resolución, cando a Administración Tributaria conte con datos abondo para formulala.Tramitación: A Administración deberá notificar ao obrigado tributario a proposta de resolución, concedendo un prazo de dez días para efectuar alegacións.
Na tramitación do procedemento, a Administración poderá realizar actuacións de comprobación censual. Terminación: Por algunha das seguintes formas:
a) Resolución, na que se rectifiquen os datos censuais do obrigado tributario.
b) Emenda, aclaración ou xustificación da discrepancia ou do dato obxecto do requirimento polo obrigado tributario, sen que sexa necesario pronunciar resolución expresa.
c) Caducidade.
d) Inicio dun procedemento de comprobación limitada ou de inspección que inclúa o obxecto do procedemento de rectificación da situación censual.

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo que se vaia recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que ditase o acto reclamable. A interposición será obrigatoria a través da Sede electrónica da AEAT cando os reclamantes estean obrigados a recibir por medios electrónicos as comunicacións e notificacións.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. Artículo 123. (BOE 18-diciembre-2003)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. Artículos 144 a 146. (BOE 5-septiembre-2007)

Ley 27/2014, de 27 de noviembre, del Impuesto sobre sociedades. Artículo 58. (BOE 28-noviembre-2014)