Procedemento

Autorizacións. Solicitude de plans especiais de investimentos e gastos das Comunidades Titulares de Montes Veciñais en Man Común.

Datos xerais


Denominación

Autorizacións. Solicitude de plans especiais de investimentos e gastos das Comunidades Titulares de Montes Veciñais en Man Común.

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Valoración por inspección de que os investimentos e gastos das comunidades titulares de montes veciñais en man común deben efectuarse necesariamente nun prazo superior ao previsto na alínea 1 do artigo 123 da Lei do Imposto, para poder beneficiarse da redución na base impoñible prevista no devandito artigo. Este prazo xeral é o propio período impositivo en que se obtén o beneficio e os catro seguintes.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán - Empresa

Lugar de presentación

Telemática

Documentación

Solicitude presentada polo interesado.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Solicitude presentada polo interesado.
Tramitación: Por equipos ou unidades de inspección, que poderán solicitar do suxeito pasivo cantos datos, informes, antecedentes e xustificantes sexan necesarios. Así mesmo, será preceptivo solicitar informe dos organismos das Comunidades Autónomas que teñan competencia en materia forestal nas que teña o seu domicilio fiscal o suxeito pasivo. O suxeito pasivo poderá en calquera momento anterior ao trámite de audiencia, presentar as alegacións e achegar os documentos e xustificantes que considere pertinentes.
Terminación: Deberá pronunciarse resolución motivada que poderá aprobar o plan proposto, desestimalo ou aprobar un plan alternativo formulado polo suxeito pasivo no curso do procedemento. Será competente para resolver o procedemento o órgano da AEAT que corresponda de acordo coas súas normas de estrutura orgánica. En concreto, o inspector xefe da Dependencia Rexional de Inspección correspondente ao domicilio fiscal do suxeito pasivo, ou o titular da Delegación Central de Grandes Contribuíntes, respecto dos contribuíntes adscritos a esta.

Prazo de resolución

3 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender resolto o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Resolución de 24 de marzo de 1992, de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, sobre organización y atribución de funciones a la inspección de los tributos en el ámbito de la competencia del Departamento de Inspección Financiera y Tributaria. Disposición Cinco. 2. G). (BOE 30-marzo-1992)

Resolución de 26 de diciembre de 2005, de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se establece la estructura orgánica de la Delegación Central de Grandes Contribuyentes. Disposición Quinta. 2. B) 3. (BOE 31-diciembre-2005)

Ley 27/2014, de 27 de noviembre, del Impuesto sobre Sociedades. Artículo 112 (BOE 28-noviembre-2014)

Real Decreto 634/2015, de 10 de julio, por el que se aprueba el Reglamento del Impuesto sobre Sociedades. Artículo 11 (BOE 11-julio-2015)