Procedemento

Autorizacións. Solicitude de plans especiais de reinvestimento.

Datos xerais


Denominación

Autorizacións. Solicitude de plans especiais de reinvestimento.

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Valoración pola inspección de plans especiais de reinvestimento que poñan de manifesto que polas súas características técnicas, o investimento ou a súa entrada en funcionamento deba efectuarse necesariamente nun prazo superior ao previsto na alínea 6 do artigo 42 da Lei do imposto, ao obxecto de poder aplicar a dedución por reinvestimento de beneficios extraordinarios. Este prazo está comprendido entre o ano anterior á posta a disposición do elemento patrimonial transmitido e os tres anos posteriores.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán - Empresa

Lugar de presentación

Telemática.

Documentación

Solicitude presentada por interesado.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Solicitude presentada por interesado.
Tramitación: Por equipos ou unidades de inspección, que poderán solicitar do suxeito pasivo cantos datos, informes, antecedentes e xustificantes sexan necesarios. O suxeito pasivo poderá, en calquera momento anterior ao trámite de audiencia, presentar as alegacións e achegar os documentos e xustificación que estime pertinentes.
Terminación: Deberá pronunciarse resolución motivada que poderá aprobar o plan proposto, desestimalo ou aprobar un plan alternativo. Será competente para resolver o procedemento a Dependencia Rexional de Inspección correspondente ao domicilio fiscal do suxeito pasivo ou a Delegación Central de Grandes Contribuíntes tratándose de suxeitos pasivos adscritos a esta.

Prazo de resolución

3 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender resolto o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Resolución de 26 de diciembre de 2005, de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se establece la estructura orgánica de la Delegación Central de Grandes Contribuyentes. Disposición Quinta. 2. B) 3. (BOE 31-diciembre-2005)

Real Decreto 634/2015, de 10 de julio, por el que se aprueba el Reglamento del Impuesto sobre Sociedades. Artículo 11. (BOE 11-julio-2015).

Ley 27/2014, de 27 de noviembre, del Impuesto sobre Sociedades. Disposición transitoria 24ª7 (BOE 28 - noviembre - 2014)