Procedemento

Acceso a arquivos e rexistros e obtención de copias de expedientes concluídos de Recadación.

Datos xerais


Denominación

Acceso a arquivos e rexistros e obtención de copias de expedientes concluídos de Recadación.

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Acceso aos rexistros e arquivos que formen parte dun expediente concluído á data da solicitude, por un obrigado tributario que fose parte no procedemento.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán

Lugar de presentación

Telemática.
Oficinas da AEAT
Oficinas de Correos
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Presentación da solicitude de acceso.
Tramitación: Polo órgano que tramitou o expediente.
Terminación: Resolución do órgano que tramitou o expediente.
Execución: Se os documentos que forman o expediente están almacenados por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, facilitarase o acceso ao interesado polos devanditos medios. O acceso incluirá o dereito a obter copia. O acceso non se estenderá a documentos que afecten intereses de terceiros ou a intimidade das persoas, ou que así o dispoña a normativa vixente.

Prazo de resolución

1 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. Artículo 99.5. (BOE 18-diciembre-2003)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. Artículo 94. (BOE 5-septiembre-2007)