Procedemento

Certificados. Expedición de certificados de sucesión de actividade

Datos xerais


Denominación

Certificados. Expedición de certificados de sucesión de actividade

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Procedemento polo que se expide un certificado de débedas, sancións e responsabilidades tributarias a favor de quen pretenda adquirir a titularidade de explotacións e actividades económicas, coa finalidade de limitar a responsabilidade solidaria por obrigas tributarias anteriores á adquisición ás que se refire o artigo 42.1.c) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Empresa - Cidadán

Lugar de presentación

Telemática.
Oficinas da AEAT.
Oficinas de Correos.
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015

Documentación

Solicitude do certificado

Fases do procedemento/servizo

Iniciación. Solicitude de certificado polo que pretenda adquirir a titularidade de explotacións e actividades económicas, logo de conformidade do titular actual. Non producirán efecto as certificacións, calquera que sexa o seu contido, se a data de presentación da solicitude para a súa expedición resultase posterior á de adquisición da explotación ou actividade económica de que se trate.
Tramitación e terminación. A Administración Tributaria deberá expedir a devandita certificación no prazo de tres meses dende a solicitude. En tal caso quedará a responsabilidade do adquirente limitada ás débedas, sancións e responsabilidades contidas nesta. Se a certificación fose expedida sen mencionar débedas, sancións ou responsabilidades ou non se facilitase no prazo sinalado, o solicitante quedará exento da responsabilidade á que se refire o devandito artigo. A exención ou limitación da responsabilidade derivada destas certificacións producirá efectos unicamente respecto das débedas para cuxa liquidación sexa competente a Administración da que se solicita a certificación.

Formularios

Modelo 01. Tramitación presencial

Modelo 01. Tramitación electrónica

Prazo de resolución

3 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Contra o contido do certificado unicamente se admite escrito de desconformidade no prazo de 10 días polo que se solicite a modificación.

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa


Normativa Básica

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. Artículos 42 y 175. (BOE 18-diciembre-2003)

Real Decreto 939/2005, de 29 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de Recaudación. Artículo 125. (BOE 2-septiembre-2005)

Resolución de 22 de enero de 2013, de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, sobre organización y atribución de competencias en el área de Recaudación. (BOE 25 - enero - 2013)