Procedemento

Aprazamento e fraccionamento de débedas

Datos xerais

Denominación

Aprazamento e fraccionamento de débedas

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Solicitude, tramitación, resolución e notificación dos expedientes de aprazamento e fraccionamento concedidos ao obrigado ao pagamento cando a súa situación económico-financeira lle impida de forma transitoria efectuar o pagamento das débedas nos prazos establecidos. As débedas que se encontren en período voluntario ou executivo poderán aprazarse ou fraccionarse nos termos que se fixen regulamentariamente e previa solicitude do obrigado tributario, cando a súa situación económico-financeira lle impida, de forma transitoria, efectuar o pagamento nos prazos establecidos.
Non poderán ser obxecto de aprazamento ou fraccionamento as débedas tributarias cuxa exacción se realice por medio de efectos timbrados.
Tampouco poderán aprazarse ou fraccionarse as débedas correspondentes a obrigas tributarias que deban cumprir o retedor ou o obrigado a realizar ingresos á conta, agás nos casos e condicións previstos na normativa tributaria.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento

Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán - Empresa

Lugar de presentación

Telemática.
Entidades colaboradoras
Oficinas da AEAT.
Oficinas de Correos.
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015.

Documentación

Á solicitude de aprazamento ou fraccionamento deberase acompañar a documentación esixida.

Fases do procedemento/servizo

Iniciación: As solicitudes de aprazamento ou fraccionamento dirixiranse ao órgano competente para a súa tramitación dentro dos prazos seguintes:
a) Débedas que se encontren en período voluntario de ingreso ou de presentación das correspondentes autoliquidacións: dentro do prazo fixado para o ingreso no artigo 62.1, 2 e 3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou na normativa específica. Para estes efectos, no caso de débedas resultantes de autoliquidacións presentadas fóra de prazo, só se entenderá que a solicitude se presenta en período voluntario cando a solicitude de aprazamento ou fraccionamento se presente xunto coa autoliquidación extemporánea.
b) Débedas que se encontren en período executivo: en calquera momento anterior á notificación do acordo de alleamento dos bens.
Á solicitude de aprazamento ou fraccionamento deberase acompañar: a) Compromiso de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou de certificado de seguro de caución, ou a documentación requirida, segundo o tipo de garantía que se ofreza. b) Se é o caso, os documentos que acrediten a representación e o lugar sinalado para os efectos de notificación. c) Os demais documentos ou xustificantes que considere oportunos. En particular, deberá xustificarse a existencia de dificultades económico-financeiras que lle impidan de forma transitoria efectuar o pagamento no prazo establecido. d) Se a débeda tributaria cuxo aprazamento ou fraccionamento se solicita foi determinada mediante autoliquidación, o modelo oficial desta, debidamente cuberto, agás que o interesado non estea obrigado a presentalo por obrar xa en poder da Administración; en tal caso, sinalará o día e procedemento en que o presentou. e) Se é o caso, solicitude de compensación durante a vixencia do aprazamento ou fraccionamento cos créditos que poidan recoñecerse ao seu favor durante o mesmo período de tempo sen prexuízo do disposto no artigo 52.2, segundo parágrafo.
Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na normativa ou non se acompañan os documentos citados nas alíneas anteriores, o órgano competente para a tramitación do aprazamento ou fraccionamento requirirá o solicitante para que, nun prazo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto ou achegue os documentos con indicación de que, de non atender o requirimento no prazo sinalado, se terá por non presentada a solicitude e se arquivará sen máis trámite.
Tramitación: O órgano competente para a tramitación examinará e avaliará a falta de liquidez e a capacidade para xerar recursos e valorará a suficiencia e idoneidade das garantías, ou, en caso de solicitude de dispensa de garantía, verificará a concorrencia das condicións precisas para obtela. Durante a tramitación da solicitude o debedor deberá efectuar o pagamento do prazo, fracción ou fraccións propostos naquela.
Terminación: As resolucións que concedan aprazamentos ou fraccionamentos de pagamento especificarán o número de código conta cliente, se é o caso, e os datos identificativos da entidade de crédito que teña que efectuar o cargo en conta, os prazos de pagamento e demais condicións do acordo. A resolución poderá sinalar prazos e condicións distintos dos solicitados.
Execución. Se o acordo é incumprido, iniciarase ou continuarase o procedemento executivo, en todo ou en parte da débeda, dependendo do momento de solicitude e da extensión da garantía prestada.

Prazo de resolución

6 Mes/es

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.

Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender resolto o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.

Información vinculada á tramitación electrónica

Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Outros, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa

Normativa Básica

Ley 58/2003, de 17 de diciembre , General Tributaria. Artículo 65. (BOE 18-diciembre-2003)

Real Decreto 939/2005, de 29 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de Recaudación. Artículos 44 a 54. (BOE 2-septiembre-2005)

Ley 47/2003, de 26 de noviembre, General Presupuestaria. Artículo 13. (BOE 27-noviembre-2003)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de Gestión e Inspección Tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. (BOE 5-septiembre-2007)

Resolución de 22 de enero de 2013, de la Presidencia de la Agencia Estatal de la Administración Tributaria, sobre organización y atribución de competencias en el área de recaudación. (BOE 25-enero-2013)