Procedemento

Obtención de certificados tributarios de terceiras persoas. Imposto sobre Actividades Económicas.

Datos xerais


Denominación

Obtención de certificados tributarios de terceiras persoas. Imposto sobre Actividades Económicas.

Tipo de procedemento

Certificados

Materia

Impostos

Obxecto

Proporcionar de forma directa, telemática e inmediata ás Administracións Públicas, certificados tributarios de terceiras persoas que precisen para a tramitación de procedementos administrativos da súa competencia, sempre que a devandita cesión directa de información tributaria conte co previo consentimento do obrigado tributario ou estea prevista nunha lei.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Administración

Lugar de presentación

Telemática

Documentación

Cubrir a solicitude en liña.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Cubrir a solicitude en liña.Tramitación: Cruzamento dos datos da solicitude coa base de datos da AEAT.Terminación: Emisión do certificado telemático mediante actuación automatizada.Unha vez emitido o certificado, o obrigado tributario poderá manifestar a súa desconformidade con calquera dos datos que formen parte do seu contido no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da súa recepción, mediante un escrito no que solicite a modificación do certificado, ao que se achegarán os elementos de proba que considere convenientes para acreditar a súa solicitude. Se se considerase incorrecto o certificado expedido, procederase á emisión dun novo no prazo de 10 días. Se non se considerase procedente expedir un novo certificado, comunicarase ao obrigado tributario con expresión dos motivos que o fundamentan.

Prazo de resolución

Non ten

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

Certificado electrónico

Nivel de interactividade

Nivel 5: Proactivo

Normativa


Normativa Básica

Ley 24/2005, de 18 de noviembre, de reformas para el impulso a la productividad. Disposición adicional 3ª. (BOE 19-noviembre-2005)

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. Artículo 95.2. (BOE 18-diciembre-2003)

Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos. Artículo 71.3. (BOE 5-septiembre-2007)

ORDEN de 18 de noviembre de 1999 por la que se regula el suministro de información tributaria a las Administraciones Públicas para el desarrollo de sus funciones, así como los supuestos contemplados en el artículo 113.1 de la Ley General Tributaria. (BOE 30-noviembre-1999)

Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas (BOE 02-10-2015).

Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público (BOE 02-10-2015).

Ley 40/1998, de 9 de diciembre, del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y otras normas tributarias. Disposición adicional 4ª (BOE 10-diciembre-1998).