Procedemento

Notificacións electrónicas.

Datos xerais


Denominación

Notificacións electrónicas.

Tipo de procedemento

Inscrición en rexistro e comunicación administrativa

Materia

Impostos

Obxecto

Procedemento para recibir as notificacións, con total seguridade e integridade, a través de medios telemáticos, ben mediante a Notificación por comparecencia electrónica (acceso electrónico polos interesados ao contido das actuacións administrativas correspondentes, sempre que quede constancia do devandito acceso), ben mediante a utilización do Enderezo Electrónico Habilitado. Este último tipo de notificación será obrigatoria para as persoas e entidades ás que se refire expresamente o Real decreto 1363/2010, do 29 de outubro, que regula os supostos de notificacións e comunicacións administrativas obrigatorias por medios electrónicos no ámbito da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e que son fundamentalmente sociedades e outras entidades.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria



Información xeral do procedemento


Forma de inicio

Interesado

Solicitante

Cidadán - Empresa

Lugar de presentación

Telemática

Documentación

Non procede presentación de documentación accesoria, salvo a relativa á obtención de certificado electrónico e, se é o caso, apoderamento.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: No suposto da notificación por comparecencia electrónica, realizarase o acceso ás notificacións a través da páxina web da Axencia Tributaria.
A subscrición voluntaria a notificacións e comunicacións a través do Enderezo Electrónico Habilitado, require que se dispoña deste, debendo realizar posteriormente a selección dos procedementos dos que se desexe recibir as notificacións por medios telemáticos.

As persoas e entidades ás que se refire o Real decreto 1363/2010, do 29 de outubro, que regula os supostos das notificacións e comunicacións administrativas obrigatorias por medios electrónicos no ámbito da Axencia Estatal de Administración Tributaria, só estarán vinculadas dende a recepción dunha comunicación co acordo de asignación, a cal poderá recibirse por medios non electrónicos ou por medios electrónicos (notificación por comparecencia en sede electrónica da AEAT), producindo plenos efectos a inclusión dende a primeira delas que sexa efectuada (artigo 5.3 do Real decreto 1363/2010).

Tramitación e finalización:
Obtención da información contida nas notificacións e comunicacións dispoñibles, ou das recibidas, se é o caso.

Formularios

Notificacións electrónicas 

Prazo de resolución

Non ten

Órgano de resolución

Axencia Estatal da Administración Tributaria



Información vinculada á tramitación electrónica


Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico

Nivel de interactividade

Nivel 4 - Tramitación electrónica



Normativa


Normativa Básica

Ley 11/2007, de 22 junio de Acceso Electrónico de los Ciudadanos a los Servicios Públicos. Artículos. 27-28 (BOE 23 - junio - 2007) 

Real Decreto 1065/2007, de 27 julio. Reglamento General de las Actuaciones y los Procedimientos de Gestión e Inspección Tributaria y de desarrollo de las Normas Comunes de los Procedimientos de Aplicación de los Tributos. Artículos. 114-115 y 115 bis. (BOE 5-septiembre-2007) 

Real Decreto 1671/2009, de 6 de noviembre, por el que se desarrolla parcialmente la Ley 11/2007, de 22 de junio, de acceso electrónico de los ciudadanos a los servicios públicos. Artículos. 32-40 (BOE 18-noviembre-2009) 

Real Decreto 1363/2010, de 29 de octubre, que regula los supuestos de notificaciones y comunicaciones administrativas obligatorias por medios electrónicos en el ámbito de la Agencia Estatal de Administración Tributaria. (BOE 16-noviembre-2010) 

Orden PRE/878/2010, de 5 de abril, por la que se establece el régimen del sistema de dirección electrónica habilitada. (BOE 12-abril-2010) 

Orden EHA/3552/2011, de 19 de diciembre, por la que se regulan los términos en los que los obligados tributarios pueden ejercitar la posibilidad de señalar días en los que la Agencia Estatal de Administración Tributaria no podrá poner notificaciones a su disposición en la dirección electrónica habilitada y por la que se modifica la Orden HAC/661/2003, de 24 de marzo, por la que se aprueba el modelo de autoliquidación de la tasa por el ejercicio de la potestad jurisdiccional en los órdenes civil y contencioso-administrativo y se determinan el lugar, la forma y los plazos para su presentación. (BOE 29-diciembre-2011) 

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General tributaria. Artículos. 109-112 (BOE 18-diciembre-2003)