Procedemento

Apoderamento para a realización de trámites e actuacións en materia tributaria por Internet

Datos xerais

Denominación

Formalidades alfandegueiras: Apoderamento para a realización de trámites e actuacións en materia tributaria por Internet

Tipo de procedemento

Tributario

Materia

Impostos

Obxecto

Os obrigados tributarios con capacidade de obrar poden actuar por medio de representante co que se entenderán as sucesivas actuacións administrativas, agás que se faga manifestación expresa en contrario. No caso de actuacións levadas a cabo a través de Internet, para os efectos exclusivos da actuación electrónica ante a Axencia Tributaria e sen carácter de rexistro público, existe o rexistro electrónico de apoderamentos. Nel, faranse constar as representacións que os interesados outorguen a terceiros para actuar no seu nome de forma electrónica.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento

Forma de inicio

Interesado

Solicitante: Cidadán - Empresa

Lugar de presentación

Telemática
Oficinas da AEAT

Documentación

1.- A elección do interesado:a) Formulario de apoderamento. b) Documento público ou documento privado con sinatura notarialmente lexitimada. c) Formulario dispoñible para tramitación electrónica.2. - Aceptación do apoderado.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Presentación de solicitude de incorporación do apoderamento ao Rexistro para a realización de trámites e actuacións en materia tributaria por Internet. Pode realizarse mediante comparecencia, achegando un documento público ou privado con sinatura notarialmente lexitimada ou a través da páxina Web da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
É necesaria a mención dos trámites aos que se refire o apoderamento.
Tramitación: Comprobación do contido do apoderamento. En caso de que se advirtan defectos no outorgamento do poder comunicarase ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos necesarios, con indicación de que, se así non o fixese, se procederá ao arquivo das actuacións, considerando que o interesado desiste da súa petición.
Finalización: Incorporación ao rexistro

Formularios

Formulario. Tramitación telemática

Formulario. Tramitación presencial

Prazo de resolución

Non ten

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información vinculada á tramitación electrónica

Sistema de identificación

DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa

Normativa de tramitación

Resolución de 18 de mayo de 2010, de la Dirección General de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, en relación con el registro y gestión de apoderamientos y el registro y gestión de las sucesiones y de las representaciones legales de menores e incapacitados para la realización de trámites y actuaciones por Internet ante la Agencia Tributaria. (BOE 21-mayo-2010)

Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas. Artículos 5 y 6

Normativa Básica

Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria. Artículos 45 a 47. (BOE 18-diciembre-2003)